Como aforrar na casa ou na empresa

Neste programa axudarémosche a incorporar medidas de aforro enerxético segundo as túas necesidades e inquedanzas.

Implantar
accións
sostibles

Terás a túa disposición un decálogo de boas prácticas onde se recollen medidas para mellorar a sostenibilidade no teu negocio e fogar. 

Entender a factura da luz e xestionala mellor

Coñeces polo miúdo a túa factura da luz? Sabes que tarifa ou potencia tes contratada? Resolverémosche as dúbidas que teñas.

Información
relevante e importante

Dende subvencións ata temas relacionados co gas. Dende o programa Ecoinnova Poio asesorarémosche para que teñas información de valor.

Tes a túa disposición xuntanzas grupais e asesoramentos individuais nas que explicarémosche como podes ler a túa factura da luz, que posibilidades hai para aforrar enerxía, boas prácticas para que sexas máis sotible e tamén información sobre subvencións relacionadas para que podas optar a elas.

Ecoinnova Poio Nos Medios

Entrevista
Onda Cero

Diario de Pontevedra

Faro de Vigo

Xuntanzas grupais

Faremos reunións grupais para explicarche ben aspectos de aforro enerxético, subvencións ou xestión sostible.

Nas primeiras que temos organizadas para o 2023, veremos como podes ler a túa factura da luz e entendela, técnicas de aforro e subvencións. Estas charlas as fará unha persoa experta en trámites e instalacións enerxéticas e tamén incorporaremos temáticas según as necesidades. 

Aquí tes a axenda das xuntanzas:

Martes 31 de xaneiro 2023:
20:00h-21:30h – Pazo de Ferreirós

Martes 28 de febreiro 2023:
20:00h-21:30h – Pazo de Ferreirós

Martes 15 de marzo 2023:
20:30h-21:30h – Casa Rosada


Asesoramento persoalizado

Se queres que vexamos o teu caso de forma individual, tan so terás que enviarnos un mail a: ola@ecoinnovapoio.gal, e revisaremos a túa consulta sobre factura da luz, medidas para aforro enerxético, información sobre subvencións do sector, etc. 

Se tes un negocio en Poio, podes solicitar que te visitemos para axudarte persoalmente. 

Recurso gratuito

Descarga a Guía 15 Consellos de Aforro Enerxético

Descarga a guía que elaboramos para ter 15 consellos básicos de aforro enerxético no teu fogar ou negocio. 

A utilizamos como base na xuntanza do martes 30 de xaneiro, onde o noso asesor enerxético a comentaba aportando máis exemplos útiles. 

Participa tamén no programa, así poderás coñecer en profundidade máis acerca da túa factura da luz, consellos de aforro e subvencións relacionadas. 

Descarga a Guía Consellos de Aforro Enerxético Ecoinnova Poio

Participa. Se queres estar ao día en medidas de aforro enerxético

CORREO

ola@ecoinnovapoio.gal

WEB

www.ecoinnovapoio.gal

TELÉFONO

625 120 475